Supoño que esta en concreto será coa que menos interaccione, xa que é preciso un pouco de inspiración para poder escribir, aínda que se trate dunha cousa sen importancia ningunha.
Teño que confesar que, nestes últimos días de exames, a creación dun Blog era case unha necesidade, xa que os 140 caracteres de Twitter non eran suficientes para escribir moitas das cousas que pretendía.
A verdade é que unha vez creado esta páxina non teño moi claro aínda sobre o que escribirei, anque non teño présa por atopar os temas adecuados.
Oxalá puidera dicir que este Blog servirá como bitácora de viaxe. O problema dese asunto é que non teño viaxes programadas das que haxa que relatar vivencias. O que teño claro é que isto non vai ser un diario. Non. Isto vai ser máis coma unha novela, un libro de contos... Unha recompilación daqueles momentos que eu, na miña humilde conciencia, considere que deben ser compartidos co resto da xente para alén do meu círculo de amizades,
Tendo isto en conta, xa se pode adiviñar que, polo tanto, o Blog non vai ter unha temática concreta. Compartirei temas de actualidade, cancións, imaxes e sobre todo historias.
E para poñer a guinda a este pequeno prólogo, unha canción. "Volver" un tango de Gardel versionado por Andrés Calamaro que, non tendo moito que ver agora mesmo, leva días acompañándome nas mañás, tardes e noites de estudo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario