Bases da enfermidade, así é como se chama a porta de saída do curso 2011-2012 e a porta de entrada do verán, de non facer nada, de poder permitirse o luxo de quedar na cama unha horiña máis sen ter que lidar co despertador.
E aí vén o problema: tendo en conta que estes últimos meses a miña vida social estivo totalmente subordinada ao tempo de estudo, como me vou organizar agora?
Sei que estas reflexións poden soar un pouco estúpidas, pero vendo a inmensidade de tempo de máis que vou ter comparando ata o de agora, non sei moi ben en que empregalo. DURMIR vai ser o primeiro, de seguro.
En fin, supoño que chegado o momento terei moi ben claro o que facer. Sempre hai cousas que facer. Pero ese non é o caso. Ese non é o problema. O problema en sí é a ruptura de esquemas do meu "modus vivendi". Levo tanto tempo co cu pegado á cadeira que xa non recordo máis mundo máis alá do Carrefour, ao cal, por cuestións obvias, teño que ir como mínimo dúas veces á semana.
Por outra banda, teño ganas de non facer nada. De ver pasar o tempo. Bótoo bastante de menos.
Irresponsabilizarme. Iso é o que eu quero. Mandar a tomar polo cu todos os deberes do día a día. Unha utopía, seino. Máis que nada porque no momento en que se acaben as responsabilidades académicas darán comezo as responsabilidades domésticas. A cabeza non para...
E mentres escribo todo isto, coa cabeza xa pensando en Muros (e o q iso implica), aínda me queda un exame por facer. Difícil, non imposible.
Vou seguir. Boas tardes.